VISITA DA COMUNIDADE INTRAPENITENCIARIA DE PEREIRO DE AGUIAR –OURENSE Á COMUNIDADE DE PROXECTO HOME GALICIA EN CERNADAS (VAL DO DUBRA).

Comparte nas túas redes sociais:

Visita da Comunidade Intrapenitenciaria de Pereiro de Aguiar – Ourense á Comunidade de Proxecto Home Galicia en Cernadas (Val do Dubra)

19 de xuño de 2023

VISITA DA COMUNIDADE INTRAPENITENCIARIA DE PEREIRO DE AGUIAR – OURENSE Á COMUNIDADE DE PROXECTO HOME GALICIA EN CERNADAS (VAL DO DUBRA).

O martes 19 de xuño foi un día moi especial para todas e todos os que dan vida a esta casa, tivemos o pracer de recibir 12 internos que están a realizar un proceso de rehabilitación dentro do módulo de comunidade que ten Proxecto Home no cárcere de Pereiro de Aguiar na provincia de Ourense. Os internos viñan acompañados por a coordinadora de Proxecto Home,  Patricia Pérez e unha terapeuta, Rocío así como por persoal do propio cárcere. Héctor Hermilla o Subdirector de réxime e de seguridade, a Subdirectora de tratamento, Ana Martínez. Tamén acompañaban outros 9 traballadores da prisión como unha psicóloga, unha xurista, un educador e funcionarios de interior.

Foron recibidos a súa chegada por Ofelia Deben, Directora-Presidenta de Proxecto Home Galicia e a Asistenta a Coordinación de Comunidade, Mercedes Vidal. Unha vez reunidos no salón déuselle a benvida por parte de 2 usuarias de Comunidade Terapéutica. A continuación puidemos gozar do vídeo conmemorativo do 30 aniversario de Proxecto Vigo. Ofelia tamén tivo unha pequena intervención para explicar o importante que era querer saír do mundo das adiccións pero sendo consciente do traballo que se ten que facer se un quere saír adiante. Tamén quixo motivar ás persoas a tratamento en C.T.I.  a continuar co seu proceso de rehabilitación nos nosos servizos, unha vez que saian de prisión. As horas de convivencia en Cernadas, axudaron a compartir experiencias e romper medos e prexuízos, foi unha xornada moi interesante.

Despois visitaron as instalacións externas e a casa cuns cicerones de excepción, usuarios da comunidade de Cernadas que os guiaron con moito cariño.

Antes de marchar fixemos unha foto de grupo para ter un recordo deste día tan gratificante.

VISITA DA COMUNIDADE INTRAPENITENCIARIA DE PEREIRO DE AGUIAR –OURENSE Á COMUNIDADE DE PROXECTO HOME GALICIA EN CERNADAS (VAL DO DUBRA).
Proxecto Home e Lapizka lanzan un proxecto para formar aos usuarios en restauración
A Fundación Amancio Ortega e a Fundación Monte do Gozo suscriben un convenio para financiar a sede de Proxecto Home Galicia
Trail e Andaina Solidaria – XXV Aniversario