visita do Alcalde de Val do Dubra a CT

Comparte nas túas redes sociais:

Visita Do Alcalde do Val do Dubra á Comunidade Terapéutica de Proxecto Home Galicia en Cernadas, Val do Dubra

Luís Méndez Díaz, Alcalde de Val do Dubra e Iván Barcia Fernández, Concelleiro de Sanidade visitaron a Comunidade terapéutica “As Cernadas”. Foron recibidos por Ramón Gómez Crespo, Presidente do Patronato da Fundación Monte do Gozo e por Ofelia Debén Rodríguez, Presidenta de Proxecto Home Galicia.

Despois da benvida percorreron as instalacións, recibindo todo tipo de información sobre tódolos los proxectos realizados dende os comezos no ano 1990 e os que serían necesarios realizar. Tamén puideron coñecer as distintas actividades que se desenvolven na Comunidade.

Despois tamén visitaron a casa e reuníronse co Equipo Terapéutico, coordinado por Andrea Porto e cos usuarios e usuarias da propia comunidade. Luís Méndez agradeceu o traballo que ven prestando á sociedade este centro de referencia, non só para Galicia, senón a nivel nacional e internacional.
Comprometeuse a buscar novas vías de colaboración entre o Concello do Val do Dubra e a Comunidade e ofrecéndose como interlocutor.

Festival Boscomusic – 28/12/24 ás 19:00
Pérez Rumbao e a Fundación laCaixa apoian a Proxecto Home para a Inserción Sociolaboral en Santiago de persoas en situación de vulnerabilidade
Visita do CIFP Compostela aos Centros de Proxecto Home