seminario tabaquismo

Comparte nas túas redes sociais:

Seminario sobre bronquite crónica e tabaquismo na Comunidade Terapéutica As Cernadas

Os doutores Pedro Álvarez-Calderón e Carlos Rábade Castedo acudiron o martes 28 de xaneiro á Comunidade Terapéutica As Cernadas a impartir un seminario sobre a Bronquite crónica e o Tabaquismo. Un relatorio ao que asistiu Ramón Gómez Crespo, director de Proxecto Home Galicia, e todos os usuarios do centro.

O primeiro dos doutores, neumólogo, explicou o funcionamento das vías respiratorias e o seu progresivo deterioro, así como os síntomas e características da enfermidade coñecida como EPOC (Enfermidade Pulmonar Obstrutiva Crónica).

Por outra banda, na segunda parte da charla Carlos Rábade, xefe da Unidade de tabaquismo do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, analizou os riscos do consumo do tabaco e os efectos prexudiciais que provoca sobre o organismo en xeral e o aparato respiratorio en particular.

Por último, ambos relatores tentaron sensibilizar aos asistentes sobre as vantaxes que ten o abandonar o hábito de fumar.

Presentación do partido entre Club Ourense Baloncesto e Ford Burgos
XXIV Festa da Solidariedade
A Fundación Monte do Gozo recibe o apoio do Ministerio de Sanidade para a mellora do Sistema Dixital da Entidade