Proxecto Home Galicia recibe un recoñecemento con motivo do 50 aniversario de Cáritas Diocesana de Tui-Vigo.
Ramón Gómez Crespo, director de Proxecto Home Galicia, acudiu o xoves 9 de xaneiro á cidade de Vigo para recoller un recoñecemento, por parte de Cáritas Diocesana de Tui-Vigo, á labor realizada por dita institución na súa diocese.
A entrega do premio tivo lugar nun acto conmemorativo organizado por Cáritas para celebrar o seu 50 aniversario como entidade na diocese de Tui-Vigo. A cerimonia tivo lugar no Cine Salesianos baixo o título “50 años caminando con los pobres”.
Estas celebracións inauguráronse coa conferencia de apertura a cargo de Don Juan José Omella y Omella, Cardeal Arcebispo de Barcelona. Nela, falouse de “compromiso e participación social na vida da Igrexa”.
No acto de clausura, ademais da entrega dos galardóns, proxectouse un vídeo homenaxe explicando a labor de Cáritas, houbo discursos de autoridades e os membros do Conservatorio Mayeusis amenizaron con actuacións musicais.
Xunto a Proxecto Home Galicia, outorgáronselle recoñecementos a institucións públicas e privadas, eclesiásticas e laicas, aos concellos de Vigo e Tui, medios de comunicación e aos propios voluntarios e membros de Cáritas Diocesana.