Comparte nas túas redes sociais:

A FUNDACIÓN MONTE DO GOZO RECIBE O APOIO DO MINISTERIO DE SANIDADE PARA A MELLORA DOS EQUIPOS DE VISUALIZACIÓN DA INSTALACIÓN FOTOVOLTAICA.

401/10000

O importe da axuda ascende a 13.055,47euros e procede do Ministerio de Sanidade, dentro do Plan de Recuperación Trasformación e Resilencia da Secretaria de estado de Sanidade, Delegación do Goberno para o Plan Nacional Sobre Drogas Financiado pola Unión Europea ‘NextGenerationEU ‘. O investimento completouse con fondos propios da Fundación Monte do Gozo por importe de 7.944,53 €.

A achega económica recibida pola Fundación Monte do Gozo destinouse á adquisición de 2 pantallas táctiles de 50”, 2 PC’s, sitema SMASunny Web Box, Estación metereolóxica SensorBox, Tarxeta RS485, canalización e instalación de 800 m. de fibra óptica, instalación 2 investidores, 2 Antena Wifi SolarEdge, software.

Os equipos instaláronse na Comunidade Terapéutica, centro de tratamento da Fundación Monte do Gozo situado no Concello de Val do Dubra, para mellorar os sistemas de visualización da Instalación fotovoltaica de 100 Kw.

A adquisición destes equipos mellorará a eficiencia enerxética, diminuirá a emisión de gases e mellorará a calidade do servizo prestado beneficiando, tanto aos 18 profesionais do centro no que se instalou, como ás máis de 150 persoas en tratamento.

Instalación fotovoltaica no Centro de Santiago de Compostela
A FUNDACIÓN MONTE DO GOZO RECIBE O APOIO DO MINISTERIO DE SANIDADE PARA A MELLORA DOS EQUIPOS DE VISUALIZACIÓN DA INSTALACIÓN FOTOVOLTAICA.
Sinatura do convenio de colaboración coa Xunta para o desenvolvemento do programa Acougo en Vigo