CFS1

Comparte nas túas redes sociais:

Proxecto Home Galicia asina un convenio de colaboración co Club Financieiro de Santiago de Compostela para traballar en accións conxuntas

A Fundación Monte do Gozo “Proxecto Home Galicia” e o Club Financeiro de Santiago (CFS) asinaron un convenio de colaboración que permitirá o intercambio de experiencias, entre ambas as entidades, e traballar en accións conxuntas.

O presidente do Club Financeiro de Santiago, Roberto Pereira, visitou as instalacións de Proxecto Home en Santiago, onde se atopa emprazada tamén a sede social da Fundación Monte do Gozo. Estivo acompañado polo presidente do Padroado da Fundación Monte do Gozo, Ramón Gómez Crespo.

Dentro dos puntos concretos do convenio que se formalizou, destaca a proposta de actividades formativas que poderán realizar conxuntamente as entidades. Contémplase ademais a difusión por parte do Club Financeiro dos programas da Fundación Monte do Gozo, e buscar liñas de colaboración para garantir a viabilidade e calidade dos servizos que oferta a mesma.

O presidente da Fundación, Ramón Gómez, destacou a importancia de chegar a acordos de traballo con entidades como o CFS, representantes do sector empresarial da cidade.

O Club Financeiro de Santiago ten entre os seus obxectivos buscar sinerxías con entidades que fan un traballo destacado na súa área, como é neste caso o labor desenvolvido e recoñecido de Proxecto Home Galicia.

A Xunta ensalza o traballo de Proxecto Home Galicia na inserción laboral das persoas en risco de exclusión social
Instalación fotovoltaica no Centro de Santiago de Compostela
Reunión do Voluntariado de Santiago