JORNADA1

Comparte nas túas redes sociais:

Xornada de formación dos profesionais de Proxecto Home Galicia

Os 60 profesionais de desenvolven a súa actividade en Proxecto Home Galicia reuníronse na Comunidade Terapéutica de “As Cernadas” para participar nunha xornada de formación, enmarcada no programa de formación permanente que desenvolve, ininterrompidamente, durante o ano en curso.

Pola mañá, o psiquiatra e consultor de Proxecto Home Galicia, Eduardo Paz Silva, e Laura Abal Vázquez, terapeuta do programa de Patoloxía Dual, impartiron un seminario sobre “Trastorno Límite da Personalidade”.

Existe unha alta comorbilidade entre trastornos por consumo de substancias e trastornos mentais. Moitas persoas con problemas de adiccións tamén enfrontan trastornos de ansiedade, depresión ou outros trastornos mentais.

A atención adecuada á saúde mental é esencial no tratamento integral das drogodependencias, xa que aborda as necesidades emocionais e psicolóxicas das persoas afectadas, contribuíndo a unha recuperación máis completa e sostible.

JORNADA2

Pola tarde, Albert Sabatés Porrera disertou sobre as “Orixes e a identidade de Proxecto Home”. Durante a súa exposición, profundou en como o noso método recolle, nos anos 80, a experiencia do Centro Italiano de Solidariedade (CeIS-ProgettoUomo) que se basea en modelos de intervención recoñecidos internacionalmente.

Tras adaptar a metodoloxía á realidade española, en 1984 abre o primeiro Centro de “Proyecto Hombre” en Madrid. Desde entón ata o de agora, son 28 os Centros que comparten o mesmo método e que traballan na prevención e tratamento das adiccións.

Incidiu, tamén, nunha das características fundamentais do noso traballo que son os equipos multidisciplinares e que desempeñan un papel crucial na abordaxe das drogodependencias debido á complexidade dos problemas relacionados co abuso de substancias e os seus efectos na saúde física e mental das persoas.

Albert Sabatés Porrera foi presidente de “Projecte Home Catalunya” e tamén presidente da Asociación Nacional “ProyectoHombre”

O Director Xeral de Inclusión Visita o centro de Proxecto Home en Ourense
Alcol, cannabis e adicción ás redes sociais, os retos de Proxecto Home tras o covid
27 Aniversario da Comunidade Terapéutica de As Cernadas