FIRMA4

Comparte nas túas redes sociais:

Formalización do convenio de colaboración co SERGAS

A directora de Proxecto Home Galicia, Ofelia Debén e o conselleiro de Sanidade en funcións, Julio García Comesaña, asinaron un convenio de colaboración entre o SERGAS e a Fundación Monte do Gozo, para o desenvolvemento do programa terapéutico educativo “Proxecto Home” de atención integral de persoas en risco e con trastornos aditivos e do programa de tratamento e rehabilitación, en réxime de comunidade terapéutica, da dependencia alcohólica.

No acto, que tivo lugar na comunidade terapéutica de Proxecto Home Galicia, emprazada no concello de Val do Dubra, estiveron presentes, tamén, o director xeral de Asistencia Sanitaria do SERGAS, Jorge Aboal, o presidente do Padroado da Fundación Monte do Gozo, Ramón Gómez Crespo, así como o presidente nacional de “ProyectoHombre”, Manuel Muíños.

FIRMA2

Na visita ás instalacións da comunidade terapéutica, o conselleiro saudou ao equipo de profesionais asistentes a unha xornada sobre a función de trastornos da personalidade límite nos comportamentos aditivos e ás persoas que están a seguir o seu proceso de rehabilitación e inserción sociolaboral neste centro.

IRMA3
Proxecto Home Galicia galardoado co III Premio “Dereitos Humanos” outorgado polo Colexio de Avogados de Santiago de Compostela
A Xunta destaca o papel de Proxecto Home na atención e reinserción de persoas con adiccións
A comunidade de Proxecto Home no cárcere de Pereiro cumpre 20 anos