Premios Nécora de Ouro

Comparte nas túas redes sociais:

Ramón Gómez Crespo galardoado pola Fundación Galega contra o Narcotráfico coa “Nécora de Ouro”

Os Premios Nécora de Ouro son outorgados anualmente pola Fundación Galega contra o Narcotráfico para recoñecer o meritorio labor desenvolvido por persoas e entidades na loita contra o narcotráfico e as drogodependencias.

Este ano, no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa, un destes galardóns concedéuselle a Ramón Gómez Crespo pola súa destacada traxectoria de máis de 34 anos dedicado á rehabilitación e reinserción social de persoas adictas, así como á loita contra as consecuencias devastadoras das drogodependencias na nosa sociedade. Ramón Gómez Crespo foi o fundador en 1990 de Proxecto Home Galicia e o seu director ata 2020. Actualmente segue colaborando coa entidade como Presidente do Padroado da Fundación Monte do Gozo.

Ao longo de máis de tres décadas, Ramón liderou numerosas iniciativas e programas destinados a ofrecer apoio integral a persoas afectadas pola adicción. A súa dedicación incansable, a súa entrega e o seu compromiso inquebrantable influíron decisiva e positivamente na vida de moitas persoas e familias. O seu liderado foi fundamental na implementación de programas innovadores, na sensibilización pública e na promoción de políticas inclusivas e efectivas no ámbito da saúde mental e a prevención de adiccións.

Outras persoas e entidades recibiron a “Nécora de Ouro”:

  • Rosa Ana Morán Martínez, Fiscal Xefa da Fiscalía Especial Antidroga. Audiencia Nacional.
  • Unidade UDYCOPontevedra, Unidade de Drogas e Crime Organizado. Corpo Nacional de Policía.
  • MAOC (N), Centro de Análise e Operacións Marítimas de Narcotráfico, Lisboa.
Premios Nécora de Ouro
Premios Nécora de Ouro
Premios Nécora de Ouro
Premios Nécora de Ouro
Premios Nécora de Ouro
10 de outubro: Día Mundial da Saúde Mental
Visita do CIFP Compostela aos Centros de Proxecto Home
O Alcalde de Santiago recibe á nova directora de Proxecto Home, Ofelia Debén