Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2024. Recargando pilas, si, porque cada vez que os voluntarios e as voluntarias de Proxecto Home reúnense,
recoñécense, danse un tempo para elas, recargan as pilas que os manteñen coa ilusión de botar unha man a quen quere darlle un envorco á súa vida.
Pero é o Programa enteiro quen se recarga con eso, un servizo máis que préstannos, porque sempre nos fan poñer a mirada no humano, o sinxelo e dende aí, no ombreiro sobre o que se pode un enfrontar ao que veña.
40 persoas voluntarias, representación das máis de 100 que en Galicia dedican parte do seu tempo e enerxía a acompañar no cambio e reencontro persoal, ocuparon unha porción da súa fin de semana en reflexionar sobre os temores e esperanzas que hai nese labor. Participaron tamén o que agora se chama persoal contratado, persoas que realizan diferentes tarefas (terapéuticas, administrativas, dirección) dentro do Programa, e persoas en formación. Ao final, todos poñendo a razón e a emoción tanto para dar como para recibir.
Emprazados e emprazadas para o novo curso, aínda que moitas das actividades mantéñanse durante o tempo de verán, despedímonos coas pilas ben cargadas, con máis caras coñecidas e dispostos a seguir sendo un rostro máis dos que participamos desta gran pata do Programa que é o voluntariado de Proxecto Home Galicia.
Dende o voluntariado quérese mandar unha mensaxe, constátase unha vez máis que a vida é axudarnos uns a outros, que cun pouco de implicación podemos cambiar vidas, e que todos necesitamos un voluntario ao noso lado, así que, por que non probas?. Verás que a vontade é poder, a solidariedade é vida, e que ao final, axudar é recibir moito máis do que dás.