cron-asamblea-2024-1

Comparte nas túas redes sociais:

Asemblea Xeral da Asociación de Familias e Amigos de Proxecto Home Galicia, celebrada en Santiago de Compostela

O día 23 de maio de 2024 celebrouse no Salón de Actos da Sede de Proxecto Home Galicia, sito na rúa Cottolengonº 2, a XXX Asemblea Xeral da Asociación de Familias e Amigos de Proxecto Home Galicia.Esta asemblea é de carácter anual, conforme ao establecido no artigo 13 dos vixentes estatutos da asociación.

A asemblea comezou cun saúdo da Presidenta da Asociación, Dª. Sandra Barca Bravo quen informouas persoas asistentes da evolución das persoas asociadas ao longo do ano e do estado de execución e liquidación do orzamento do exercicio 2023, destacando que,  no do ano 2023 as contas presentan un resultado positivo de 11.449,57 €.

A Presidenta presenta, tamén, o borrador do orzamento para o el exercicio 2024, para a súa aprobación e que ascende a 60.548,00 €.

Por último,  toma a palabra a Directora-Presidenta de Proxecto Home Galicia, Dª. Ofelia Debén Rodríguez, quen agradeceu a asistencia das persoas a asemblea e informa de diversos aspectos relativosao problema das adiccións e que na actualidade, debido a outros focos de interese informativo, non están a ter a repercusión mediática que deberían ter. Subliña, tamén, a importancia que están a ter as adiccións sen substancias (xogo, redes sociais…) xa que as persoas que teñen este problema son cada vez máis numerosas e máis novas. Aínda así, destaca que o importante é ter esperanza xa que se está a facer un gran traballo se seguemos a realizalo cun alto nivel de exixencia para acadar grandes resultados.

Cun agradecemento a todos os membros da Xunta Directiva pola súa dedicación ao longo de todos estes anos, de maneira altruísta, finalizou a asemblea.

 

cron-asamblea-2024-2
Inauguración da Exposición “ARTE E SOLIDARIEDADE” en Lugo
Presentación do libro “Boas Noites Galicia”
Proxecto Home Galicia asina un convenio de colaboración co Club Financieiro de Santiago de Compostela para traballar en accións conxuntas