O Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco visitou a Comunidade Terapéutica de Proxecto Home Galicia emprazada no Concello coruñés de Val do Dubra onde estivo acompañado polo Alcalde de Val do Dubra, Diego Luís Díaz.
Foron recibidos pola Directora-Presidenta de Proxecto Home Galicia, Ofelia Debén, polo Presidente do Padroado da Fundación Monte do Gozo e pola coordinadora da Comunidade Terapéutica, Andrea Porto.
Despois da súa chegada, realizaron un percorrido polas instalacións, para finalizar a mesma no salón do centro onde tiveron un encontro informal coas persoas en tratamento e o equipo de profesionais.
A directora-presidenta de Proxecto Home Galicia agradeceu a visita das autoridades xa que esta evidencia a preocupación das institucións pola problemática das adiccións e, anima aos profesionais e ás persoas en tratamento a seguir traballando e loitando.
O alcalde de Val do Dubra, destacou a importancia de que haxa un centro deste tipo no concello e encomiou o labor realizado no mesmo ao longo dos últimos 34 anos.
Por último, o delegado do gobernó agradeceu o labor de Proxecto Home Galicia “leva axudado a miles de familias galegas a recuperar a esperanza pola vida e o futuro dos seus seres queridos” e destacou “o compromiso do goberno na loita contra as adiccións, unha secuela social que afecta a incontables familias”.