Estimado/a socio/a:
Como cada ano, convocámoste á Festa de Solidariedade. Nesta 30ª. edición, terá lugar en Santiago de Compostela.
Grazas á inestimable colaboración do Excmo. Concello de Santiago, desenvolverase no Multiusos “Fontes do Sar”.
A data da xuntanza é o 14 de Setembro de 2024 e o programa de actividades para este día é o seguinte:
PROGRAMA DE ACTIVIDADES:
10:00 – 10:30: Chegada dos autobuses á dársena de Xoán XXIII.
10:30 – 11:00: Chegada á Praza da Quintana
11:00 – 11:35: Benvida e acto preparado por un grupo de persoas en tratamento.
12:00 – 13:00: Misa do Peregrino. QUEN QUEIRA ASISTIR TEN QUE ESTAR NA PRAZA DA INMACULADA (parte de atrás da Catedral), AS 11:40, PARA PODER ACCEDER A CATEDRAL EN GRUPO IDENTIFICADO.
13:15: Saída de autobuses da dársena de Xoán XXIII cara ao Multiusos Fontes do Sar.
14:00 – 14:15: Benvida no Multiusos Fontes do Sar.
14:30 – 15:30: Comida. COMO TODOS OS ANOS HABERÁ VENDA DE REFRESCOS
15:30 – 15:45: Homenaxe ao voluntariado de Proxecto Home Galicia.
15:45 – 16:30: Actuación das persoas en tratamento dos distintos centros de Proxecto Home Galicia.
16:30 – 17:00: Fin de Festa Musical.
17:00 – 17:30: “Zafarrancho” ecolóxico.
18:00: DESPEDIDA.
HABERÁ VENDA DE CERÁMICA FEITA NO NOSO CENTRO DE ACOUGO EN VIGO.
Sodes parte da historia e da gran familia de Proxecto Home Galicia
QUE NON FALTE NINGUÉN!
IMPORTANTE: O servizo de autocares terá un prezo de 12 € por persoa. É preciso que vos inscribades nos distintos centros para o uso do autobús. Se non se enche o autobús non se poderá contratar o servizo.
Máis información:
Santiago: 981 573 020
Vigo: 986 374 646
Ourense: 988 371 192
A Coruña: 981 295 432
Carballo: 618 745 465 (Helena)