Jaime Linares Juanate y e Antonio Linares Seco, xerente e secretario, respectivamente, da Fundación José Otero-Carmela Martínez, achegáronse á Comunidade Terapéutica de Proxecto Home Galicia, no Concello de Val do Dubra para coñecer, de preto, as instalacións e o traballo que se realiza neste centro.
Despois dun percorrido polas instalacións, tiveron un pequeño encontro informal coas persoas en tratamento neste centro, antes de finalizar a visita.
A Fundación José Otero-Carmela Martínez é una entidade sen ánimo de lucro, de carácter humanitario que toma de referencia a Doutrina Social de la Iglesia no referente á cultura da excelencia, cunha profunda vocación social e un firme compromiso co benestar das comunidades máis vulnerables. Establecida en honra a José Otero e Carmela Martínez, figuras coñecidas polo seu labor humanitario e a súa dedicación á mellora da calidade de vida das persoas en situación de necesidade en Santiago de Compostela, a Fundación converteuse nun referente no ámbito do apoio social, educativo e cultural.