Día Mundial sen Alcohol

Comparte nas túas redes sociais:

Día Mundial sen Alcohol

En Proxecto Home queremos alzar a voz para protexer á nosa mocidade do consumo temperán de alcol.

Sabemos que a adolescencia é unha etapa vulnerable. Na actualidade hai unha banalización e normalización do consumo de alcol na nosa sociedade, debido á baixa percepción do risco que comporta e á facilidade para acceder a esta substancia, que é legal.

Desde Proxecto Home presentamos as nosas achegas ao Anteproxecto de Lei, enfocándonos en medidas preventivas con programas baseados en evidencia científica, regulación estrita da publicidade, e limitación da accesibilidade en puntos de venda.

Cremos que a educación, o apoio familiar e unha contorna segura son fundamentais para atrasar o inicio do consumo de #alcol e reducir as súas consecuencias.

Maís información na web de Proyecto Hombre: Día Mundial Sin Alcohol

Proxecto Home e Lapizka lanzan un proxecto para formar aos usuarios en restauración
Presentación do partido entre Club Ourense Baloncesto e FC Barcelona Regal
Proxecto Home atendeu en Val do Dubra a 18.000 usuarios nos seus 32 anos de funcionamento