O voluntariado é un dos puntais de como entende Proxecto Home o seu labor de acompañamento ao cambio de quen ten un problema de adicción, e é algo a coidar e enriquecer.
En Proxecto Home temos en Galicia varias xornadas de formación en cada un dos Centros e unha xuntanza de todos unha vez ao ano para recoñecernos e profundar en diferentes temáticas.
Igualmente a nivel da Asociación, con tempo para a formación, a diversión e sobre todo de encontro para compartir experiencias en diferentes ámbitos de voluntariado en Proxecto Home, desde Galicia participamos Isabel, Santi e Vicente na Escola de Outono que anualmente, coa paréntese da pandemia, organiza a Asociación Proxecto Home no Escorial.
Esta vez estivemos con case todos os programas da Asociación, co recordo constante dos compañeiros e compañeiras de Proxecto Home Valencia, ausentes pola traxedia que lles toca vivir.
Participar supón alargar a perspectiva desde a que valoramos a tarefa que cada un realiza, vendo que en Madrid, Cádiz, Huelva, Xerez, Valladolid, Salamanca, Burgos, A Rioxa, Cantabria, Pamplona, Cataluña, Alacante, Castelló, Xaén, Murcia, Castela a Mancha, Selecta, Málaga e tantos sitios, hai persoas que falan o mesmo linguaxe de solidariedade que entendemos aquí, e adquirir máis ferramentas para achegar na nosa terra.