Comparte nas túas redes sociais:

Transformando vidas, fortalecendo corazóns: Proxecto Home Galicia, 35 anos xuntos

Hoxe, ao celebrar o 35º aniversario de Proxecto Home Galicia, é o momento perfecto para deternos un instante e recoñecer o inmenso traballo que realizamos xuntos durante todos estes anos. Foron máis de tres décadas de dedicación, esforzo e entrega incansable por garantir unha atención de calidade, próxima e humana ás persoas en tratamento e ás súas familias.

Grazas ao compromiso diario, fomos quen de ofrecer apoio, esperanza e ferramentas para transformar vidas e deixar pegadas indelebles en quen confía en Proxecto Home Galicia.

Grazas tamén a todas as persoas que, dunha forma ou outra, foron parte da nosa historia e contribuíron a que chegásemos ata aquí: voluntarios, colaboradores, patrocinadores, Padroado da Fundación Monte do Gozo, Asociación de Familias, institucións públicas e privadas… 

Con todo, este camiño non se detén aquí. Sigamos avanzando coa mesma forza e determinación que nos permitiu converternos nun referente no ámbito das adiccións. Non baixemos a garda. Hoxe máis que nunca, é esencial manter vivo o ánimo e a esperanza, porque cada día é unha nova oportunidade para marcar a diferenza.

Parabéns por estes 35 anos e por todo o que xuntos acadamos! 

Continuemos traballando co corazón e mirando cara ao futuro con ilusión.

Gala Benéfica Solidaria – 25º Aniversario
Visita da Comunidade Terapéutica Urbana de Ourense xunto con alumnos da E.P.A.P.U á Comunidade Terapéutica “As Cernadas”
Convenio de Colaboración entre o Concello de Santiago e Proxecto Home Galicia