Deputada Política Social

Comparte nas túas redes sociais:

Visita da deputada de Politíca Social da Deputación de Ourense o Centro de Proxecto Home en Ourense

A deputada provincial de Política Social, Patricia Torres, que acudiu en compañía da directora adxunta da área de Benestar da Deputación, Montse Rodríguez, visitou o centro de Proxecto Home en Ourense o pasado 18 de febreiro. Ambas, durante a visita, coñeceron de primeira man as instalacións e intercambiaron impresións con persoas que están en proceso de rehabilitación, recoñecendo o importante labor que desempeña esta institución na reinserción social

A Deputación de Ourense mantén unha colaboración activa con Proxecto Home que pon de manifesto a importancia de todo o traballo que realiza na recuperación e normalización da vida destas persoas ás que acompaña. A deputada Patricia Torres quixo destacar que tanto as propias instalacións como as persoas atendidas son a parte importante do éxito do traballo remitido a este programa, que é de ben valorado e tamén ben acompañado.

Esta visita responde á implicación institucional coa atención ás persoas en situación de vulnerabilidade, a relación con entidades que traballan na súa rehabilitación e reinserción social.

A 36ª Asemblea da Asociación Proxecto Home celébrase en Galicia
O Conselleiro de Industria inaugura o Centro de Educación Ambiental enerxéticamente autosuficiente de Proxecto Home
O Grupo Pérez Rumbao e Caixabank reforzan o seu compromiso con Proxecto Home Galicia