Director Xeral de Inclusión Social

Comparte nas túas redes sociais:

Visita do Director Xeral de Inclusión Social ao centro de Patoloxía Dual de Proxecto Home Galicia en Vigo

Arturo Parrado, director xeral de Inclusión Social da Consellería de Política Social e Igualdade, visitou as instalacións de Proxecto Home Galicia en Vigo, co obxectivo de coñecer de primeira man o funcionamento do programa Acougo, dirixido á atención de persoas con patoloxía dual.

Durante a súa visita, foi recibido por Ofelia Debén Rodríguez, directora de Home Galicia, e Ramón Gómez Crespo, presidente do seu Padroado. O programa Acougo, que conta cunha subvención de 153.846 euros da Consellería, ofrece atención personalizada e integral, combinando terapias individuais e grupais, así como actividades físicas, para lograr a estabilidade das persoas atendidas e fomentar hábitos de vida saudables.

Parrado destacou o compromiso da Xunta de Galicia co desenvolvemento de programas que favorezan a inclusión social e laboral de persoas en risco de exclusión, e subliñou a importancia da colaboración entre administracións e entidades sociais para abordar os retos da patoloxía dual.

Esta visita reafirma o apoio institucional á labor de Proxecto Home Galicia na reinserción social de persoas afectadas por adiccións e trastornos mentais, consolidando o programa Acougo como unha das iniciativas clave na loita contra a exclusión social en Galicia.