31 festa da solidariedade

Comparte nas túas redes sociais:

31ª FESTA DA SOLIDARIEDADE

Como cada ano, convocámoste á Festa de Solidariedade. Nesta 31ª. edición, terá lugar en Santiago de Compostela.
Grazas á inestimable colaboración do Excmo. Concello de Santiago, desenvolverase no Multiusos “Fontes do Sar”.


A data da xuntanza é o 13 de Setembro de 2025 e o programa de actividades para este día é o seguinte:

PROGRAMA DE ACTIVIDADES:
10:00 – 10:30: Chegada dos autobuses á dársena de Xoán XXIII.
10:30 – 11:00: Chegada á Praza da Quintana
11:00 – 11:35: Benvida e acto preparado por un grupo de persoas en tratamento.
12:00 – 13:00: Misa do Peregrino. QUEN QUEIRA ASISTIR TEN QUE ESTAR NA PRAZA DA INMACULADA (parte de atrás da Catedral), AS 11:40, PARA PODER ACCEDER A CATEDRAL EN GRUPO IDENTIFICADO.
13:15: Saída de autobuses da dársena de Xoán XXIII cara ao Multiusos Fontes do Sar.
14:00 – 14:15: Benvida no Multiusos Fontes do Sar.
14:30 – 15:30: Comida. COMO TODOS OS ANOS HABERÁ VENDA DE REFRESCOS
15:30 – 15:45: Homenaxe ao voluntariado de Proxecto Home Galicia.
15:45 – 16:30: Actuación das persoas en tratamento dos distintos centros de Proxecto Home Galicia.
16:30 – 17:00: Fin de Festa Musical.
17:00 – 17:30: “Zafarrancho” ecolóxico.
18:00: DESPEDIDA.


HABERÁ VENDA DE CERÁMICA FEITA NO NOSO CENTRO DE ACOUGO EN VIGO.


Sodes parte da historia e da gran familia de Proxecto Home Galicia
QUE NON FALTE NINGUÉN!

Descargar programa (pdf)

A SD Compostela recibe do Concello o trofeo do partido solidario deste sábado.
A Fundación Rof Codina fará prácticas e prestará apoio clínico a Proxecto Home
Presentación do partido entre Club Ourense Baloncesto e Ford Burgos