VISITA DO DIRECTOR XERAL DE AGACAL

Comparte nas túas redes sociais:

Visita do Director Xeral de AGACAL da XUNTA de GALICIA a Comunidade Terapéutica “As Cernadas”

Hoxe visitou a Comunidade Terapéutica “As Cernadas” de Proxecto Home Galicia o Director Xeral de Agacal da Xunta de Galicia Don Martín Alemparte Vidal.

Xunto con Don Ramón Gómez Crespo, Presidente do Padroado da Fundación Monte do Gozo e Dona Ofelia Deben Rodríguez, Directora-Presidenta de Proxecto Home Galicia fixeron un percorrido por as instalacións exteriores explicándolle a formación prelaboral que se realiza coas persoas en tratamento nas áreas de horta, xardín, mantemento, equitación e cociña non só desde unha orientación laboral senón tamén educativa.

Foi unha visita enriquecedora, acercando a realidade da Comunidade Terapéutica ao Director Xeral.

Bo Nadal e Feliz Aninovo 2022
Visita do Programa Acougo do Proxecto Home Vigo a Comunidade Terapéutica Urbana de Ourense 2
Convenio de colaboración coa Conselleria de Sanidade da Xunta de Galicia