O pasado 8 de xullo estiveron a visitar o centro de Patoloxía Dual “Acougo” en Proxecto Home Vigo, Dona Luisa Sánchez Vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, e Dona Paula Bouzós deputada de Benestar Social e Igualdade da Deputación de Pontevedra.

Unha visita moi esperada por nós pois e a primeira vez que se achegaban a coñecer o noso traballo. Nas máis de dúas horas que pasaron connosco e alén de mostrarlles as instalacións e explicarlles os obxectivos do noso servizo, por parte do equipo terapeútico de Acougo, como por parte da Directora Presidenta Ofelia Debén e o Presidente do Padroado Ramón Gómez, houbo un momento de encontro moi enriquededor onde as persoas a tratamento déronlle ás nosas invitadas a benvida e estiveron a conversar distendidamente do traballo que realizan en Acougo, e de como avanzan no seu proceso.

Foi un encontro frutífero para todos, e agradecemos tanto á Vicepresidenta da Deputación, como á Deputada de Benestar social a proximidade e empatía con todos nós tanto persoas a tratamento, equipo de profesionais , asociación de familias e dirección. Así como o entendemento do labor que realizamos no àmbito das adicións e saúde mental