Asociación de Familias e Amigos do Proxecto Home Galicia

A Asociación de Familias e Amigos do Proxecto Home Galicia foi constituída o 23 de decembro de 1991.

O papel das familias no proceso de rehabilitación é básico, elas constitúen un dos piares sobre os que se sustenta o éxito na rehabilitación de “Proyecto Hombre”.

Os fins da Asociación son:

Colaborar na prevención e loita contra todas as formas das adiccións.

Informar a todos os asociados sobre o desenvolvemento de Proxecto Home Galicia.

Promover e compartir experiencias de ámbito familiar.

Promover, impulsar e desenvolver actividades culturais, artísticas, sociais… Que se consideren útiles como complemento do labor terapéutico de Proxecto Home Galicia.

Apoiar os intereses de Proxecto Home Galicia ante organismos oficiais.

Colaborar para resolver os problemas económicos derivados do Programa Terapéutico.

Colaborar para resolver os problemas humanos de Proxecto Home Galicia ou das familias da Asociación.

A Xunta Directiva está formada por:

Presidenta: Dona sandra Barco Bravo

Vicepresidente: D. Jerónimo García Lobato.

Secretaria: Don Pablo González Rodríguez

Tesoureiro: D. Víctor Figueiras Ventoso

Vogais

  • D. Manuel Prado Dávila
  • Dª. Ofelia Debén Rodríguez