Asociación "Proyecto Hombre"

O 30 de Maio de 1986 constitúese a ASOCIACIÓN “PROYECTO HOMBRE”, inscrita co nº 88.477, no Ministerio do Interior, e que se rexerá polos principios da carta fundacional que ten como puntos fundamentais:

O día 1 de outubro de 1990 abriuse a Escola de Formación para terapeutas de “Proyecto Hombre”.

A Asociación é propietaria da marca “Proyecto Hombre” e foi declarada de utilidade pública polo Goberno español o 29/12/1993.

Na actualidade, a Asociación está composta por 27 fundacións con máis de 200 centros repartidos en 15 Comunidades Autónomas de toda España que atenden cada ano a máis de 12.000 drogodependentes.

SEDE SOCIAL:
• C/Sánchez Díaz, 2-28027 Madrid.
Tlf.: 91 357 16 84
Correo-e: asociación@proyectohombre.es
Páxina web: www.proyectohombre.es

REVISTA “PROYECTO”:
• Desde 10€ recibirás puntualmente 4 revistas no teu domicilio.
• Para recibila chama ao 91 357 01 04 ou envía un correo electrónico a info@projectehome.org
• Consulta online o último número da revista.

PROXECCION INTERNACIONAL

Proxecto Home Galicia é membro de pleno dereito da Asociación “Proyecto Hombre”, ONG de carácter consultivo especial ante o Consello Económico e Social das Nacións Unidas. Ademais, a nivel internacional participa en distintas redes ou organismos cos que colabora en distintos ámbitos:

•     “Proyecto Hombre” é membro directivo da Federación Mundial de Comunidades Terapéuticas ( WFTC).

•     A Rede Iberoamérica de Ongs. que traballan en drogodependencias (RIOD) é a única rede que reúne 59 Ong. dedicadas ao tratamento e prevención de toxicomanías en España e América Latina.

•     A Federación Latinoamericana de Comunidades Terapéuticas (FLACT) consolídase en 20 países con máis de 500 programas afiliados.

•     “Proyecto Hombre” tamén forma parte da European Network on Addictions (ENA), unha rede que reúne os profesionais de Proxecto Home en Italia, Portugal e España, e a organización grega KETHEA.

•     En 2002 “Proyecto Hombre” pasou a formar parte da European Federation of Therapeutic Communities (EFTC).