Fai un donativo
Se queres apoiar o labor de Proxecto Home Galicia, podes facer un donativo. Estas achegas axúdannos a ter estabilidade para continuar cos nosos programas e poder axudar a máis persoas. Grazas á colaboración de entidades públicas, de particulares, socios/colaboradores, empresas e entidades privadas, podemos continuar traballando na axuda a moitas persoas e as súas familias para que recuperen unha vida sen adiccións. A todos eles ¡moitas grazas!
A TÚA ACHEGA É MOI NECESARIA.
Ten en conta que, segundo a lexislación vixente, poderás desgravar ata un 75% da doazón na túa Declaración de IRPF (un 75% sobre os primeiros 150€ e ata un 35% sobre o resto que exceda desta cantidade) ou ata un 40% se es empresa. Se o desexas, podes solicitarnos o certificado de donativo para facer a desgravación.
Podes realizar unha doazón mediante trasferencia bancaria a seguintes contas correntes:
ABANCA: ES17 2080 0300 8930 4012 4431
BANCO SABADELL: ES63 0081 2130 4800 0100 3908
De conformidade co establecido na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter persoal, infórmase que os datos persoais serán tratados confidencialmente coas medidas de seguridade establecidas na normativa e incorporaranse a un ficheiro titularidade de Proxecto Home Galicia. Estes datos son recolleitos para poder desempeñar unha correcta prestación asistencial e envío de información. Igualmente informámoslle que poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición establecidos na devandita Lei en: Proxecto Home Galicia, Rúa Cottolengo, nº2-15702 Santiago de Compostela.