concierto aniversario Proxecto Home

Comparte nas túas redes sociais:

Concerto solidario protagonizado pola Real Filharmonía e Milladoiro

Centos de persoas deronse cita anoite no Auditorio de Galicia para sumarse a clausura do XX aniversario de Proxecto Home, entidade que organizou un concerto solidario protagonizado pola Real Filharmonía e Milladoiro, que foi todo un éxito.

O público, entre o que se atopaban o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o arzobispo de Santiago, Monseñor Xulián Barrio, puido disfrutar dun completo programa musical que incluiu pezas de Rossini e Rotta, interpretadas pola  orquestra compostelana, co contrabaixo Carlos Méndez como solista, e dunha selección de pezas do coñecido grupo folk como Alalá das Mariñas ou a Alborada de Corcubión.

Ainda que sen dúbida, o momento estelar do concerto chegou coa unión de ambas formacions sobre o escenario, arrincando os aplausos máis calurosos do público que se deu cita no Auditorio para disfrutar da velada musical e sumarse a  labor que desenvolve Proxecto Home.

Fonte: El Correo Gallego

Conferencia científica 30º aniversario de Proxecto Home en Vigo
Proxecto Home galardonado en los Premios Compostelanos do Ano
XXXI FIESTA DE SOLIDARIDAD: 31 AÑOS UNIENDO CORAZONES