Faite socio
Se queres facerte socio, a túa colaboración é unha oportunidade de apoiar o noso traballo e axudarnos coa nosa labor para que moitas persoas afectadas polas adiccións e as súas familias recuperen a ilusión de vivir. Como socio, recibirás as publicacións con información sobre Proxecto Home Galicia.
Ten en conta que, segundo a lexislación vixente, poderás desgravar ata un 75% da doazón na túa Declaración de IRPF (un 75% sobre os primeiros 150€ e ata un 35% sobre o resto que exceda desta cantidade) ou ata un 40% se es empresa.
Podes facerte socio ONLINE cumprimentando o formulario de aquí abaixo, ou CONTACTANDO CONNOSCO.
Ser socio implica un compromiso no tempo realizando unha aportación económica periódica. Se simplemente desexas facer unha contribución puntual, podes informarte e realizala en DOAZÓNS.
Como se indica abaixo, os teus datos serán tratados de forma segura.
De conformidade co establecido na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter persoal, infórmase que os datos persoais serán tratados confidencialmente coas medidas de seguridade establecidas na normativa e incorporaranse a un ficheiro titularidade de Proxecto Home Galicia. Estes datos son recolleitos para poder desempeñar unha correcta prestación asistencial e envío de información. Igualmente informámoslle que poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición establecidos na devandita Lei en: Proxecto Home Galicia, Rúa Cottolengo, nº2-15702 Santiago de Compostela.