Fundación Monte do Gozo
Na década dos 80 cando o fenómeno da drogodependencia atacaba ferozmente, os Bispos das cinco dioceses galegas, coa ConferGa (Confederación de Relixiosos de Galicia) e as Cáritas desas mesmas dioceses deciden impulsar a posta en marcha dun programa de rehabilitación e reinserción social para drogodependentes que xa funcionaba con éxito en Italia, chamado Centro Italiano de Solidariedade CEIS “Progetto Uomo”.
As características dunha realidade como a de Proxecto Home necesitaba unha figura xurídica que garantise a permanencia e o futuro desta realidade. Así pois, o 13 de febreiro de 1990 constitúese a Fundación Monte do Gozo como promotora de PROXECTO HOME GALICIA, co fin de prestar atención integral aos mozos marxinados ou en estado de necesidade, de maneira particular aos toxicómanos.
A Fundación está dirixida e coordinada por un Padroado e polos membros fundadores. Ao longo destes anos, con gran xenerosidade e entrega facilitou e garantiu que Proxecto Home Galicia puidese ser a entidade que a sociedade espera e demanda.
MEMBROS FUNDADORES:
- Excmo. Sr. Julián Barrio, Arcebispo de Santiago de Compostela
- Excmo. D. Luís Quinteiro Fiuza, Bispo de Tui-Vigo
- Excmo. Sr. D. Fernando García Cadiñanos, Bispo de Mondoñedo-Ferrol
- Excmo. Sr. D. Alfonso Carrasco Rouco, Bispo de Lugo
- Excmo. e Rvdmo. Sr.D. José Leonardo Lemos Montanet, Bispo de Ourense.
- Excmo. Sr. D. Francisco José Prieto Fernández, Bispo Auxiliar de Santiago de Compostela.
- Directores de Cáritas Diocesana das Dioceses Galegas
PADROADO DA FUNDACIÓN MONTE DO GOZO (composición actual):
- Presidente: D. Ramón Gómez Crespo
- Vicepresidente: D. Salvador Fernández Alvariño
- Secretario: D. Manuel Pérez Villar
- Tesoureira: Dª. Fe Rodríguez López
- Vogais:
- Dª. Ofelia Debén Rodríguez, Directora-Presidenta de Proxecto Home Galicia.
- D. Anuncio Mouriñó Rañó, Patrón por Santiago de Compostela.
- Dª María Victoria González Rodríguez, Patroa por Mondoñedo-Ferrol.
- D. Alejandro Alcalde Varela, Patrón por Lugo.
- D. Ramón Rivas Reigosa, Patrón por Ourense.