Modelo de Intervención Terapéutica
Todos os programas desenvoltos por Proxecto Home Galicia teñen un modelo de intervención deseñado como unha consecución de fases determinantes para que o usuario logre a súa rehabilitación e reinserción sociolaboral:
Fases:
- Avaliación e Diagnose (Admisión)
- Motivación
- Coñecemento e Crecemento persoal
- Reinserción Sociolaboral
Dependendo do tipo de adicción e do perfil psicosocial do usuario desenvolvense diferentes programas e, así, os procesos convírtense en tratamentos adaptados ás necesidades da persoa.
O Modelo de Intervención Terapéutica de “Proyecto Hombre” centra o problema non no comportamento adictivo, senón na persoa. Todos os programas de “Proyecto Hombre” están baseados no modelo biopsicosocial, onde os factores biolóxicos, psicolóxicos e sociais da persoa impactan directamente na conduta adictiva, polo tanto, non hai unha causa única que provoque o comportamento adictivo, senón múltiples pola interacción de todos estes factores.
A necesidade de descubrir as causas do comportamento adictivo é o que fai que a persoa en tratamento sexa a protagonista do seu proceso de forma activa. Dentro de este encuadre biopsicosocial atopámonos cun despregue de técnicas psicolóxicas de liña humanista para favorecer o coñecemento persoal nas áreas comportamental, afectiva, cognitiva e existencial. Técnicas cognitivo-conductuais, sistémicas, de 4ª xeración… utilizadas en cada momento do proceso según a necesidade da persoa.