1. Política de Protección de Datos. RGPD:
Na Fundación Monte do Gozo, comprometémonos a asegurar que os seus datos de carácter persoal atópense protexidos e non se utilicen de forma indebida. Ao facilitarnos os seus datos persoais e utilizar o noso sitio web, entendemos que leu e comprendeu os termos relacionados coa información de protección de datos de carácter persoal que se expoñen.
Os datos persoais recollidos neste sitio web serán utilizados coa finalidade, na forma e coas limitacións e dereitos que recolle o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos) RGPD.
2. Responsable do tratamento dos seus datos persoais:
- Razón Social: Fundación Monte do Gozo (Proxecto Home) – C.I.F.: G-15258213
- Enderezo: Rúa Cottolengo, 2 C.P. 15702 Santiago de Compostela (A Coruña)
- Teléfono: 981 573 020
- Correo electrónico: fmg@proxectohome.org
3. Canles utilizadas para obter os seus datos, a Fundación Monte do Gozo obtén os datos de carácter persoal directamente do interesado a través dás seguintes canles:
- Correo electrónico
- Formularios / Cuestionarios (Web, electrónicos ou formato papel)
- Directamente dos interesados.
4. Finalidades principais do tratamento dos seus datos personais:
Os usuarios que faciliten datos persoais, consenten inequivocamente a incorporación dos mesmos aos tratamentos que conteñan datos de carácter persoal, dos que é responsable a Fundación Monte do Gozo,así como o tratamento informatizado ou non dos mesmos, co fin que poidan ser utilizados pola Fundación Monte do Gozo cunha finalidade propia do seu obxecto social. Por tanto, o usuario autoriza expresamente á Fundación Monte do Gozo para o almacenamento dos seus datos persoais xa que na Fundación Monte do Gozo, trátanse entre outros, definidos datos como sensibles polo RGPD. Os datos fornecidos son necesarios para poder cumprir coa finalidade estabrecida, polo que, en caso de negativa pola súa banda, non se poderá cumprimentar o obxectivo disposto
5. Base legal que lexitima o tratamento dos datos personais:
O tratamento dos seus datos realízase coas seguintes bases xurídicas que permiten a licitudedo tratamento:
- O interesado deu o seu consentimento libre, específico, inequívoco e informado para o tratamento dos seus datos persoais para un ou varios fins específicos.
- O tratamento é necesario para a execución dun contrato no que o interesado é parte ou para a aplicación a pedimento de este, de medidas precontractuais.
6. Medidas de seguridade:
Fundación Monte do Gozo cumprindo co que establece o art. 32 (Seguridade do Tratamento) do RGPD implementou as medidas de seguridade técnicas e organizativas necesarias, tendo en conta o estado da técnica, os custos de aplicación e a natureza, o alcance, o contexto e os fins do tratamento, así como riscos de probabilidade e gravidade variables para os dereitos e liberdades das persoas físicas, para garantir un nivel de seguridade adecuado ao risco, que no seu caso inclúe, entre outros:
- a) A seudonimización e o cifrado de datos persoais.
- b) A capacidade de garantir a confidencialidade, integridade, dispoñibilidade e resiliencia permanentes dos sistemas e servizos de tratamento.
- c) A capacidade de restaurar a dispoñibilidade e o acceso aos datos persoais de forma rápida en caso de incidente físico ou técnico.
- d) Un proceso de verificación, avaliación e valoración regulares da eficacia das medidas técnicas e organizativas para garantir a seguridade do tratamento. Ao avaliar a adecuación do nivel de seguridade, tivéronse particularmente en conta os riscos que presente o tratamento de datos, en particular como consecuencia da destrución, perda ou alteración accidental ou ilícita de datos persoais transmitidos, conservados ou tratados doutra forma, ou a comunicación ou acceso non autorizados aos devanditos datos.
7. Principios aplicados a súa información persoal:
No tratamento dos seus datos persoais, aplicaremos os seguintes principios que se axustan ás esixencias establecidas no artigo 5. (Principios relativos ao tratamento) do RGPD. Por tanto, os datos persoais serán:
- Tratados de maneira lícita, leal e transparente en relación co interesado ( licitud, lealdade e transparencia). –
- Recollidos con fins determinados, explícitos e lexítimos e non serán tratados ulteriormente de maneira incompatible con o devanditos fins; de acordo co artigo 89, apartado 1, o tratamento ulterior dos datos persoais con fins de arquivo en interese público, fins de investigación científica e histórica ou fins estatísticos, non se considerará incompatible cos fins iniciais (limitación da finalidade).
- Axeitados, pertinentes e limitados ao necesario en relación cos fins para os que son tratados (minimización de datos).
- Exactos e, se fose necesario, actualizados; adoptaránse todas as medidas razoables para que se supriman ou rectifiquen sen dilación os datos persoais que sexan inexactos con respecto aos fins para os que se tratan (exactitude).
- Mantidos de forma que se permita a identificación dos interesados durante non máis tempo do necesario para os fins do tratamento dos datos persoais; (limitación prazo de conservación).
- Tratados de tal maneira que se garanta unha seguridade adecuada dos datos persoais, incluída a protección contra o tratamento non autorizado ou ilícito e contra a súa perda, destrución ou dano accidental, mediante a aplicación de medidas técnicas ou organizativas apropiadas (integridade e confidencialidade). O responsable do tratamento será garante do cumprimento do disposto nestes principios e capaz de demostralo (responsabilidade proactiva).
8. Prazos de Conservación:
Os datos persoais proporcionados conservaránse mentres se manteña a relación contractual e non se solicite a súa supresión e posteriormente durante o prazo polo cal puidesen derivarse responsabilidades legais polos servizos prestados. A lexitimación do tratamento é necesaria para a execución da relación estabrecida. Os datos non se cederán a terceiros salvo nos casos en que exista unha obrigación legal.
9. Dereitos:
Vostede ten dereito a obter confirmación sobre se na Fundación Monte do Gozo, tratamos os seus datos persoais, polo cal ten dereito a rectificar os datos inexactos, a acceder, opoñerse e limitar o tratamento dos seus datos, a esixir a portabilidade dos datos, a reclamar ante a autoridade de control (www.aepd.es), a non ser obxecto de decisións individuais automatizadas (incluída a elaboración de perfís) e a solicitar a supresión cando os datos xa non sexan necesarios.
Para exercer tales dereitos debe remitir un escrito á dirección postal e/ou ao correo electrónico arriba sinalados, acompañado de fotocopia do DNI e/ou documento acreditativo de identidade equivalente. Ref. “Datos Persoais” No caso de que os usuarios deste sitio web deban facilitar a súa dirección de correo electrónico para acceder a algúns dos servizos ofertados, poderán manifestar que non desexan recibir ningún tipo de comunicación que a Fundación Monte do Gozo puidese enviar sempre que non estea ligada estritamente á finalidade para a que se solicitou o servizo.
10. Lei e xurisdicción aplicable: Fundación Monte do Gozo e o usuario, sométense de forma expresa para calquera controversia que puidese derivarse do acceso ou uso da Web, a os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela (A Coruña) renunciando de forma expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles.