Programas de prevención
Facer un bo traballo en prevención é anticiparnos en atrasar as idades de inicio nos comportamentos adictivos e dotar aos adolescentes e ás súas familias das estratexias suficientes para enfrontarse de maneira asertiva a calquera situación no campo das adiccións e da vida diaria.
• SERVIZO DE ORIENTACIÓN E ASESORAMENTO:
Este servizo atende a adolescentes e ás súas familias ou só a familias que detectan comportamentos de risco nos seus fillos, ou situacións de conflito familiar.
• PREVENCIÓN ESCOLAR/FAMILIAR:
– Prevención universal: “Xogo de Chaves” (realizado en 6º de primaria ata 4º de ESO).
– Prevención selectiva: “A tempo” (para pais con fillos con problemas de consumo de drogas)
• PREVENCIÓN LABORAL:
– Programa de prevención para aplicar naquelas empresas (responsables de recursos humanos e mandos intermedios) que o soliciten para informar e previr comportamentos adictivos que inflúan directamente no desenvolvemento das tarefas no ámbito laboral.