Servizos de apoio ao tratamento
Atención ás familias
A atención e o acompañamento familiar é un trazo identificativo da metodoloxía de Proxecto Home Galicia. A contorna familiar é fundamental en todas as etapas da vida e, por iso, en Proxecto Home é un dos piares básicos para a rehabilitación da persoa en tratamento.
As familias participan en diversas actividades terapéuticas, formativas e informativas ao longo de todo o proceso de rehabilitación, en todos os programas incluíndo unha Escola de Pais no Programa de Adolescentes.
A familia é protagonista activa en todo o proceso de rehabilitación. Dispoñen dun grupo de autoaxuda para ter un espazo de coñecemento e apoio persoal.
Atención médica
Orientado a que a persoa en tratamento comprenda e valore a importancia da súa saúde e fágase responsable dela a todos os niveis. Neste sentido traballamos en coordinación coa rede asistencial, tanto a nivel de atención primaria como de atención especializada.
Atención xurídica - penal
A asistencia xurídico-penal fundaméntase na problemática xa clásica que responde ao perfil do drogodependente que comete delitos (maioritariamente contra o patrimonio ou contra a saúde pública) para sufragar o seu propio consumo. Normalmente son reincidentes, con estancias previas en prisión e con varios xuízos pendentes.
En Proxecto Home Galicia, o noso obxectivo principal é o control e seguimento das condenas penais e ser unha alternativa ao cumprimento de penas, así pois, por unha banda, trátase de evitar que se interrompa o proceso terapéutico destas persoas por un eventual ingreso en prisión e, por outra banda, conseguir que persoas con adiccións en prisión poidan iniciar o programa de rehabilitación. Para iso, nos Centros Penitenciarios de Teixeiro, A Lama e Bonxe desenvólvense programas específicos de motivación para a derivación ao noso programa co fin de que, internos destes centros, sexan excarcerados e inicien o tratamento terapéutico.
Traballo Social
A área de Traballo Social de Proxecto Home Galicia, pretende a orientación e asesoramento da persoa en tratamento e a súa familia para que poidan atopar alternativas ás súas carencias. As funcións maioritarias son: tramitación de axudas, coordinación e relación con outras institucións, orientación, información e asesoramento a nivel individual e familiar, procura de recursos institucionais ante as carencias.
Outros servizos
Programa de apoio social: Para aquelas persoas en tratamento que por distintos motivos teñan carencias familiares, proporcionamos un espazo residencial que favoreza a rehabilitación e por tanto, a súa integración social e laboral.
Actividades culturais e formativas
En Proxecto Home Galicia consideramos de vital importancia e indispensable complementar o labor terapéutico con actividades culturas e educativas, que permita ofertar á persoa en tratamento un elemento importante no seu crecemento e no seu proceso de maduración persoal.
A relación de actividades que se desenvolven están englobadas en dúas áreas: área de formación académica e área de lecer e tempo libre.
Este conxunto de actividades posibilita que a persoa en tratamento non só adquira coñecementos básicos a través das clases académicas senón que tamén queremos conseguir unha educación no seu tempo libre que se converte nun factor decisivo no seu proceso de reinserción social.
Formación e orientación prelaboral
Proxecto Home Galicia entende ao individuo como algo global, no que inflúen diferentes aspectos. Esta globalidade implica que a formación ocupacional sexa un aspecto fundamental no proceso de rehabilitación.
En Proxecto Home Galicia, o obxectivo que perseguimos é lograr unha formación que capacite á persoa en tratamento para o desempeño de actividades profesionais que lle facilite a súa integración social e laboral e a adquisición de hábitos e actitudes positivas que favorezan o desenvolvemento e maduración persoal, contribuíndo ao éxito do seu proceso terapéutico.
Nesta liña vense traballando desde hai anos con distintas administracións públicas e entidades privadas.