Somos voluntariado

Proxecto Home Galicia, dende os comezos, contou cun gran equipo de voluntarios que souperon transmitir os valores de solidariedade, gratuidade, responsabilidade… naquelas áreas de traballo onde se lles pediu colaboración.

A presenza do voluntariado en Proxecto Home encádrase nas orixes do Proxecto cando naceu en Italia na década dos anos 70, grazas á dispoñibilidade dun conxunto de voluntarios que querían dar resposta solidaria á mocidade de Roma que se estaba afundindo destructivamente no mundo das adiccións. O voluntariado en Proxecto Home Galicia non fai máis que continuar con esa dinámica de dispoñibilidade, imprescindible para encararse firmemente coa problemática das dependencias.

Ademais, a persoa que se atopa facendo algún dos nosos programas, ve no voluntariado un modelo polo seu labor altruísta desinteresado, converténdose nun forte apoio e unha axuda para conseguir a rehabilitación.

Formación:

O voluntariado ten unha importancia vital e somos conscientes de que, para que o grupo de voluntarios desenvolva o seu labor dunha forma plena e satisfactoria, é preciso que ofrezamos espazos de formación e coñecemento da realidade de Proxecto Home Galicia, ademais de fomentar a relación entre os voluntarios e o Equipo Terapéutico.

Esta formación inclúe aspectos como a filosofía e a forma de traballo de Proxecto Home Galicia, as drogas, temas relacionados co traballo coas familias en Proxecto Home, xornadas de formación onde se intercambian as experiencias dos voluntarios, distintas charlas formativas, etc.

Áreas de colaboración:

Faite Voluntario

Somos Colaboración Axuda Voluntariado

Sendo VOLUNTARIO de Proxecto Home Galicia axudarás a moitas persoas que diariamente loitan por recuperar a súa vida e contribuirás a que o noso modelo de sociedade sexa mellor.

¿QUERES COLABORAR? Con algo do teu tempo e a túa dedicación conseguiremos moito.

Enche este FORMULARIO, por favor, ou CONTACTA CONNOSCO.

De conformidade co establecido na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter persoal, infórmase que os datos persoais serán tratados confidencialmente coas medidas de seguridade establecidas na normativa e incorporaranse a un ficheiro titularidade de Proxecto Home Galicia. Estes datos son recolleitos para poder desempeñar unha correcta prestación asistencial e envío de información. Igualmente informámoslle que poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición establecidos na devandita Lei en: Proxecto Home Galicia, Rúa Cottolengo, nº2-15702 Santiago de Compostela.