Ponte en contacto con nosotros por teléfono, correo electrónico o a través de nuestro formulario web.
Uno de los elementos que dan identidad a nuestro estilo de trabajo. Únete a nosotros.
Forma parte del Proxecto Home Galicia.
Tu ayuda es necesaria Tu donación será apreciada.
Si eres una empresa, puedes contribuír a nuestros fines.
DECLARACIÓN DE OVIEDO
Esta Declaración nace da consulta internacional de expertos celebrada en Oviedo o 9 de xuño de 2023, organizada por Proxecto Home, que sumou como colaboradores a 150 expertos de distintos países, e como observadores, a Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas, a Oficina das Nacións Unidas contra a Droga e o Delito, Comité de Organizacións non Gobernamentais de Viena sobre Drogas, Grupo Pompidou e Grupos de Investigación das Universidades de Oviedo e Illas Baleares.
Dende a convicción de que é necesaria unha prevención das adiccións centrada na persoa, cunha intervención integral, baseada na evidencia e presente nas políticas de drogas a nivel, local, nacional e internacional, estamos a promover a adhesión a esta Declaración.
O período de ADHESIÓN XA ESTÁ ABERTO. Necesitamos adhesións de calquera tipo de organización: Ong de distintos ámbitos (social, familiar, infancia, mocidade, cooperación…), plataformas locais e outros actores da sociedade civil: sindicatos, patronais, AMPAS, Colexios Profesionais…, do mesmo xeito que gobernos locais, institucións, organismos…
A Declaración presentarase na Comisión de Estupefacientes das Nacións Unidas do 18 ao 22 de marzo de 2024. É posible ver a lista de organizacións que se uniron a esta iniciativa en www.oviedodeclaration.org
ASINA A TÚA ADHESIÓN AQUÍ