itinerarios de reinserción sociolaboral

Comparte nas túas redes sociais:

Benestar colaborará con Proxecto Home na realización de itinerarios de reinserción sociolaboral con máis de 135.000 euros

A Consellería de Traballo e Benestar investirá máis de 135.000 euros na realización de itinerarios de reinserción sociolaboral dos participantes no programa de Proxecto Home de atención e rehabilitación de persoas con algún tipo de adición. Para elo, a titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, asinou un convenio de colaboración co director de Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez Crespo, a través do que se financiará, entre outras actuacións, obradoiros ocupacionais encamiñados á mellora das habilidades e destrezas e actividades, en xeral, enfocadas á consecución dun emprego.

O programa que desenvolve Proxecto Home, neste senso, inclúe diversas etapas ou fases para que o usuario acade a súa rehabilitación e integración socio laboral. En primeiro lugar, realizan unha parte de avaliación e diagnose da situación de cada persoa e unha etapa de motivación e integración. Despois, realizan unha fase de coñecemento e desenvolvemento persoal e, por último, levan a cabo a reinserción sociolaboral.

A colaboración que este colectivo manterá coa Consellería centrarase exclusivamente no sostemento dos servizos e accións que se desenvolven nesta última parte do programa. Esta fase realízase en réxime ambulatorio, semi-residencial ou residencial, tendo por obxecto a integración no ámbito familiar, social e laboral das persoas a tratamento nos diferentes programas.

Dependendo do tipo de adición de cada persoa e do seu perfil psicosocial, cada programa ten unhas características estruturais diferenciadas que permiten unha abordaxe integral e individualizada das distintas problemáticas. Esta actuación ten lugar nas cidades de Santiago, Vigo, Pontevedra, Ourense, Lugo e A Coruña.

A Fundación do Pontevedra C.F. e Proxecto Home unidos ata final de tempada
Inauguración do Novo Centro de Proxecto Home Galicia en Santiago
O Concello de Santiago colabora un ano máis con Proxecto Home