“ARTE E SOLIDARIEDADE” en Lugo

Comparte nas túas redes sociais:

Inauguración da Exposición “ARTE E SOLIDARIEDADE” en Lugo

A Sede da Fundación Galicia Obra Social (Afundación) en Lugo acolleu a inauguración da exposición itinerante «Arte e solidariedade», organizada con motivo do 25 aniversario de Proxecto Home Galicia e comisariada por Encarna Lago, chega a Lugo dentro da programación itinerante prevista nas 7 cidades máis grandes de Galicia. Pintura, escultura, fotografía e vídeo compoñen esta mostra que pon de relevo o valioso compromiso social e a solidariedade de máis de 200 artistas que colaboran nela, doando total o parcialmente as súas obras.  Así, un setenta e cinco por cento do que se recade coas vendas, destinarase a soster os programas que desenvolve Proxecto Home.

O acto asistiron entre outros a alcaldesa de Lugo Dª.  Lara Méndez López, a  patrona de Afundación Dª. María Isabel González Rey e a Vicepresidenta Segunda da Deputación Dª. María de Los Ángeles Teijeiro González acompañando o Director de Proxecto Home Galicia D. Ramón Gómez Crespo.

A exposición, que trae a Lugo 73 artistas dos 200 que participan no programa, poderá visitarse ata o vindeiro 3 de outubro, de luns a sábados de 18.00h a 21.00 h na sede de Afundación.

Ademáis do fondo de obras común, en cada cidade hai una maior presenza dos creadores locais. Roberto González, Paco Pestana ou Caxigueiro son algúns dos artistas lucenses que participan nesta mostra, na que se presentan 73 obras tamén de coñecidos artistas como Alfonso Costa Beiro, Antón Patiño, Leiro ou Buciños, entre outros.

A iniciativa, comisariada na cidade de Lugo por Encarna Lago, celebra xa a súa sétima edición e recalará a finais de ano nas cidades de Ourense e Pontevedra.

Proxecto Home Galicia recibe o Certificado de Calidade ISO9001
Proxecto Home abrirá un dispositivo de información e diagnóstico en Pontevedra
COMUNICADO DA ASOCIACIÓN PROYECTO HOMBRE CON MOTIVO DO DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL