programas de xénero do Proxecto Home

Comparte nas túas redes sociais:

Igualdade avalía vías de colaboración cos programas de xénero do Proxecto Home

A Secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou esta mañá a Comunidade Terapéutica do Proxecto Home en Cernadas, Val do Dubra (A Coruña), onde foi recibida polo presidente da Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home, Jesús García Vázquez, e polo director, Ramón Gómez Crespo.

A visita responde ao interese da titular de Igualdade por coñecer en profundidade o modelo de intervención e os diferentes programas educativo-terapéuticos que desenvolve e, nomeadamente, o programa para nais con fillos e fillas menores de 3 anos a cargo e o de igualdade de xénero.

A Comunidade Terapéutica de Cernadas está organizada para facilitar que as mulleres toxicómanas embarazadas ou con fillos ou fillas menores de tres anos poidan compaxinar a súa rehabilitación coa súa responsabilidade como nais, nun espazo que está acondicionado para que as nais e as crianzas convivan sen barreiras para realizar a terapia de rehabilitación.

Ademais, Proxecto Home ten presente o enfoque de xénero en todas as súas intervencións, de xeito que o equipo de terapeutas realiza todas as actividades baixo este criterio.

A responsable de Igualdade da Xunta de Galicia destacou o valor cualitativo destes dous programas e anunciou durante a visita o compromiso de avaliar futuras liñas de apoio ao proxecto, vencelladas aos mesmos.

O Conselleiro de Industria inaugura o Centro de Educación Ambiental enerxéticamente autosuficiente de Proxecto Home
Visita Do Alcalde do Val do Dubra á Comunidade Terapéutica de Proxecto Home Galicia en Cernadas, Val do Dubra
Visita de Xesús Ferro Ruibal a C.T. As Cernadas