festa da solidariedade en VIgo 2023

Comparte nas túas redes sociais:

PROXECTO HOME CELEBRA A 29ª FESTA DE SOLIDARIEDADE

Nesta edición, a Festa de Solidariedade celebrouse no centro de Proxecto Home Galicia en Vigo, no 30º aniversario da súa apertura.

Á cita asistiron unhas 700 persoas que foron recibidas polo equipo terapéutico deste centro, coa súa coordinadora, Remedios Rivada, á cabeza.

Asistiron tamén distintas autoridades que foron recibidas pola Directora de Proxecto Home Galicia, Ofelia Debén e polo Presidente do Padroado da Fundación Monte do Gozo, Ramón Gómez.

O acto de benvida da Festa de Solidariedade estivo presidido polo Julio García Comesaña, Conselleiro de Sanidade, en representación do Presidente da Xunta de Galicia. O Conselleiro dirixiuse ás persoas que acudiron á festa e lembrou que “na actualidade, as adiccións son consideradas como unha enfermidade que require un tratamento multidisciplinar e personalizado e agradeceu o compromiso de Proxecto Home Galicia na atención ás persoas con trastornos aditivos”. Tamén tivo palabras de agradecemento para as persoas usuarias, familias e voluntariado “pola súa forza e perseveranza” e para as institucións públicas ou privadas que prestaron o seu apoio durante anos.

Pola súa banda, a Directora de Proxecto Home Galicia, Ofelia Debén, agradeceu a colaboración da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia ao longo de todos estes anos e animou ás persoas usuarias e ás súas familias para seguir loitando e alcanzar unha vida autónoma, lonxe das ataduras das adiccións.

Tamén tivo palabras de agradecemento para os equipos terapéuticos, os voluntarios e para a Fundación Monte do Gozo. Tamén interviñeron Marta Fernández-Tapia, Vicepresidenta da Deputación de Pontevedra; Yolanda Aguiar, Concelleiro de Política Social e Turismo; Xabier P. Iglesias, Portavoz do Grupo Municipal do BNG; Carmela González, Deputada do Parlamento Gallego e responsable local do BNG e a Presidenta da Asociación de Familias e Amigos de Proxecto Home Galicia, Sandra Barca.

A continuación, tivo lugar a comida solidaria na que se puideron ver viandas chegadas de todos os puntos de Galicia. Seguidamente, realizouse unha pequena homenaxe ás persoas voluntarias que, a diario, dedican, con gran xenerosidade, o seu tempo para axudar ás persoas que o necesitan. Nesta edición, os homenaxeados foron dous voluntarios de Vigo, Carlos García e Manolo Prado. Como non podía ser doutra forma, despois deste acto tan emotivo, as persoas en tratamento nos distintos centros de Proxecto Home Galicia, realizaron distintas interpretacións musicais e, para finalizar a festa, o grupo musical ANTANES de Ourense.

Encontro Xeral de Voluntariado de Proxecto Home Galicia
Inauguración do XXV aniversario de Proxecto Home Galicia
Usuarios de Proyecto Hombre Granada visitan Proxecto Home Galicia